900 809 241
O vapor seco elimina as chinches da cama
Procederase a tratar todas as superficies cun fluxo de vapor seco que consegue eliminar o 100% dos ovos e unha porcentaxe extremadamente significativa dos insectos adultos nunha soa pasada.

Un servizo de desinsectación de chinches comeza por nunha inspección pormenorizada de todas as estancias potencialmente afectadas.

Nestas estancias retirarase a roupa da cama, propomos lavala a máis de 50º C, aquelas pezas de roupa que non puideran lavarse a esta temperatura (cubrepés,colchas, alfombras..) as trataremos na Cámara de CO2 nun prazo aproximado duns sete días entregarase a roupa desinsectada.

Nas estancias afectadas por chinches procederase a tratar todas as superficies cun fluxo de vapor sobrequentado que consegue eliminar o 100% dos ovos e unha porcentaxe extremadamente significativa dos insectos adultos nunha soa pasada.

Sen uso de sustancias químicas


Este sistema non emprega insecticida, non ten período de ausencia, segundo remata o servizo xa se pode entrar na estancia que queda limpa e sen olores.

Recomendaremos para a prevención, evitara contaminación cruzada, evitar os intercambios de elementos de limpeza dunhas habitacións a outras, é dicir, os panos da limpeza das habitacións, as basoiras… son posibles portadoras das chinches dunhas habitacións a outras.

Ós sete días entregarase a roupa tratada na cámara de CO2, a desinsectación do textil na cámara non mancha nin deixa olores.

É un tratamento moi eficaz e ecolóxico para a eliminación das chinches.

Servizo con garantía.

Stop Velutina Campaña da AGA
Os mosquitos!
A procesionaria do piñeiro

AGA pon en marcha un programa denominado STOP Velutina que comprende varias actividades na primavera que consisten básicamente en charlas informativas nos concellos galegos máis afectados e na colocación de trampas para capturar raíñas fundadoras nas zonas onde está presente esta avespa e así evitar o maior número posible de niños para este verán.

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) apostou por colocar trampas para evitar que as avespas asiáticas constrúan niños co obxectivo de evitar a «grande» prag
a e o «medo» do pasado verano.

E é que, tal e como relatou en declaracións a Europa Press o presidente da AGA, (Asociación Galega da Apicultores) Xesús Asorey, o verano anterior houbo unha «grande alarma», sobre todo en A Mariña lucense e no norte de A Coruña. A esta «grande» praga de avespas asiáticas sumouse, segundo subliñou Asorey a «deficiente actuación» da Xunta, pois, a xuízo de Asorey, eran necesarios «máis medios».

Para que non se volva a repetir dita situación, Asorey ten apostado por colocar trampas para «evitar» que se constrúan niños de avespas asiáticas e, en consecuencia, o «medo» do pasado verano. Así mesmo, Asorey apoia que sexan os propios concellos os que se encarguen de retirar estes niños ante a escasez de medios. De feito, subliña que a súa retirada por parte de apicultores podería ser perigosa para estes últimos.


   

Ver máis na páxina www.apicultura.galega.es

Despois dun longo e húmido inverno saen os mosquitos e atacan os nosos xardíns. Será a principios de marzo o momento máis oportuno para combatelos, antes de que poñan os ovos e se multipliquen ata unha cantidade mais dificil de manexar! ¡Chámanos a 900 809 241 ou escribe a info@arumia.com DIAGNÓSTICO e ORZAMENTO GRATUÍTO!

Os mosquitos son unha das pragas máis perigosas en cuanto á transmisión de enfermidades. Estes insectos pertencen ó grupo dos dípteros e dentro deste grupo, á familia dos culícidos. Contrariamente ó que supón o público en xeral, só as femias pican e aliméntanse de diversos mamíferos, incluído por suposto a especie humana.

Destácase ademais, que as femias picadoras só se alimentan de sangue cando se encontran fecundadas, e a inxestión hematófaga corresponde tan só ó 3% da súa alimentación aproximadamente. O resto da dieta dos mosquitos (femias e machos) está baseada nos xugos vexetais de plantas, arbustos e árbores en xeral.

Sempre que sexa aplicable, os procesos elixidos por ARUMIA para o control de mosquitos, baséase en medios biolóxicos, coa aplicación por aspersión de gotas finas sobre as áreas húmidas nas que poden estar as larvas:


Bacillus Thuringiensis

Trátase dun biolarvicida, BacillusThuringiensis é unha bacteria que actúa exclusivamente sobre as larvas das variedades principais de mosquitos. Este producto aplícase sobre todos os puntos de acumulación da auga, que son os hábitats naturais de desenvolvementodos mosquitos cando estes se atópan en estado larval. Algunhas das áreas mais comúns tratadas con Bacillus Thuringiensis son as lagoas artificiais e naturais, charcas, brañas, sumideiros, plantas de tratamento, hazard acuáticos dos campos de golf, áreas de ocio acuático...

 Método de aplicación  -  Ver video 

O medio de aplicación é por aspersión de gota fina, nós levamos todo o material necesario para o tratamento, aplicamos o larvicida diluído en auga segundo a proporción da dose recollida na súa etiqueta e documentación así desde unha motobomba autónoma aplícase unha pulverización por todas as zonas húmidas por onde poden atoparse as larvas dos mosquitos.

Non hai perigo para os nen@s nen para os animais domésticos. Estamos todos fóra de perigo.

É un tratamento 100% biolóxico.  ¡Chámanos a 900 809 241 ou escribe a info@arumia.com !

Descárgate o pdf Os Mosquitos presentes en Galicia, Carlota Rey. Bióloga.

Nestas datas é o momento de actuar!!

Na actualidade hai un innovador dispositivo de aplicación para os piñeiros, inxectando o tronco destos no inverno evitará os problemas coa procesionaria do piñeiro. Antes da chegada da primavera e do incremento das temperaturas, que será cando as eirugas procesionarias do piñeiro descendan en fila para enterrarse e comezar o proceso de crisalización.

Tras aniñar durante o inverno no alto das copas dos piñeiros, coa primavera coa chegada do incremento das temperaturas, a eiruga procesionaria do piñeiro, -Thaumetopoea pityocampa -que debe o seu nome á forma que teñen estas eirugas de desprazarse en procesión-, descende en fila para enterrarse e comezar o proceso de crisalización que as converterá en bolboretas durante o verán.

ANECPLA no seu artigo de prensa publicado na Revista Infoplagas insiste en que os métodos de control para combater esta praga –destrución dos bolsóns, trampas de feromonas, instalación de barreiras físicas ou emprego de produtos químicos- deben efectuarse valorando factores como o ciclo biolóxico no que se encontre a praga, as condicións ambientais, o nivel de infestación ou aminimización do posible impacto sobre o medio, os animais e o ser humano; razón pola que deben ser as empresas expertas, como ARUMIA, as que sexan as encargadas de establecer as medidas de adecuadas.

Atrapa insectos - i- trap 25 -
i-TRAP 25 Atrapa insectos de parede ou sobremesa
76€
Moucho solar
Moucho con cebeza xiratoria con placa solar
97€
Globo - Aves

Globo disuasor de aves

49€
ARUMIA, S.L. B-15656580

Camiño de Agrela ó Martinete
Nave 3,  Agrela
15008 A Coruña

T. 981 217 063
arumia@arumia.com