Prevención e control da lexionelose

A lexionelose é unha enfermidade causada pola bacteria legionella pneumophila e outras do seu xénero, e preséntase baixo dúas formas diferenciadas: enfermidade do lexionario , que é unha pneumonía atípica, cun período de incubación de 2 a 10 días, máis frecuente en homes con idades comprendidas entre 40 - 70 anos. O seu tratamento é antibiótico e case sempre require hospitalización. Febre de Pontiac, que se presenta como un cadro de tipo gripal, e que só require tratamento sintomático.

A legionella é un xerme da familia legionellaceae que comprende un xénero, legionella e 40 especies, sendo a máis común a L. Pneumophila serogrupo 1, que é a causante do 85 % aproximadamente das infeccións por legionella.

A transmisión ás persoas realízase desde sistemas hídricos construídos polo home como son torres de refrixeración e sistemas de distribución de auga sanitaria, cando se producen aerosois, que son inhalados, xa que a súa vía de transmisión é aérea e non se demostrou risco ningún ó bebe-la auga contaminada.

Onde se reproduce a legionella

Poden ser fontes de contaminación os seguintes sistemas e instalacións:

· Torres de refrixeración
· Instalacións de auga quente sanitaria
· Equipos de transferencia de masas de auga quente en corrente de aire
· Condensadores evaporativos
· Intercambiadores de calor
· Cisternas, depósitos de auga
· Conductos de aire acondicionado
· Piscinas terapéuticas
· Duchas de uso colectivo
· Balnearios
· Aparatos de tratamento de augas
· Equipos que xeran aerosois


Tratamento fronte á lexionelose

Previo á elección do método máis adecuado para o tratamento fronte ás contaminacións microbiolóxicas, convén realizar un diagnóstico especifico para avalia-lo risco que ten o sistema como potencial fonte de contaminación e establecer as pautas de tratamento máis adecuadas:

 

· Problemas de incrustacións
· Problemas de corrosión
· Microorganismos
· Sólidos en suspensión
· Concentración de sales

 

En función dos resultados obtidos arúmia implanta os seguintes procedementos segundo o Decreto 909/2001, do 27 de xullo polo que se establecen criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da legionelose.

Tratamento preventivo

Necesario para garantir as condicións hixiénico - sanitarias das instalacións mediante:

Tratamento físico

· Limpeza dos compoñentes estructurais da instalación que garantan a ausencia de desperfectos, incrustacións, corrosións, lodos, sucidade en xeral e calquera outra circunstancia que altere ou poida altera-lo bo funcionamento do equipo
· Os desinfectantes usados serán rexistrados como de uso ambiental no Rexistro Oficial de Praguicidas da Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e de Consumo, e deberán ser aplicados por empresas rexistradas no Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas segundo a Orde 8/1996


Tratamento químico:

· Evita-la presencia de legionella adiccionando de forma continua un biocida especifico ó tipo de instalación
· Evita-la precipitación de sales mediante a utilización de anticorrosivos e anti-incrustantes
· Eliminar depósitos de materia orgánica utilizando biodispersantes


Control mensual

Realizando a medición dos seguintes parámetros:

· Conductividade
· PH
· Dureza
· Alcalinidade
· Residual de anti-incrustante
· Anticorrosivo


A preocupación pola calidade ambiental no interior de edificios é cada vez máis grande; isto responde a dúas razóns fundamentais: o deseño de edificios pechados e o moito tempo que pasan as persoas en ambientes interiores.

As queixas máis frecuentes do persoal, en edificios con contaminación microbiana en aire interior, refírense ós cheirumes con sensación de ambiente cargado, olor a humidade, irritación de garganta e nariz, proído de ollos, dor de cabeza, bagoxadas, alerxias, etc.

Os contaminantes que se poden encontrar son os seguintes:

Contaminantes químicos

O aire que entra nos conductos do sistema de climatización circula unha e outra vez durante longos períodos e pode conter contaminantes como: gases de escape dos vehículos, gases do propio edificio ou doutros próximos, fume do tabaco, substancias químicas, pesticidas, emisións orgánicas dos equipos de oficina...

Contaminantes biolóxicos

Nos conductos de aire pódense atopar bacterias, mofos, pole, virus, po, insectos e roedores, etc.
Os efectos dunha mala calidade do aire son xeralmente inespecíficos, pero destacan os problemas oculares, respiratorios, pulmonares, dérmicos ou síntomas xerais como mareos, náuseas, dor de cabeza, dificultade para concentrarse...
Ademais, podémonos atopar con enfermidades plenamente definidas como a lexionelose (enfermidade do lexionario), febre de Pontiac, tuberculose, gripe e arrefriado común.

As fontes de contaminación máis frecuentes son:

  • Equipos de climatización
  • Aire exterior
  • Outros equipos (motores, ascensores e material)
  • Ambiente térmico
  • Humidade relativa
  • Ventilación
  • Actividades persoais
  • Productos de limpeza
  • Materiais de construcción
  • Mobiliario
  • Moqueta
  • Olores

Arúmia realiza un protocolo de limpeza e desinfección dos compoñentes da instalación de climatización e ventilación específico para cada instalación concreta.