|
PRAGAS Definense como aqueles organismos visibles que pertencen ó reino animal e causan perxuicios as prantas e animais; sen embargo, algúns deles, como algúns ácaros e nemátodos non se poden ver a simple vista. Cando unha alteración refirese a pragas, dise que está producida polos seguintes organismos: 1) Vertebrados: Aves, mamíferos e reptís 2) Invertebrados: -
Nemátodos As pragas producen os seguintes tipos de danos: ·
Comen partes de vexetais ou dos seus productos ·
Actúan como vectores ou facilitan a entrada de enfermidades ENFERMIDADES Poden definirse como aquela alteración perxudicial causada por microorganismos ou outras causas non visibles. Neste caso, as enfermidades son xeralmente observables a partir dos síntomas que producen na pranta, mentres que os axentes que as causan raramente aparecen á vista. Sen embargo, determinados fungos poden producir corpos fructíferos (setas) sobre vexetais atacados, e éstos son facilmente observados. Os axentes causantes de enfermidades son os seguintes: Axentes
bióticos fungos Medidas culturais Son
labores e accións que se efectúan sobre o cultivo, que non
teñen por obxeto o control de parásitos, pero indirectamente
perxudican ó parásito ou favorecen o vexetal fronte a éstos. Técnicas
que afectan á plantación Loita
biolóxica Para levar a cabo o control biolóxico de pragas e enfermidades empreganse as seguintes técnicas: ·
Suelta de organismos útis: Control integrado Este
método integra tódolos medios de loita (biolóxica,
cultural) para limitar o máximo a loita química e empregando
ó máximo os recursos e os mecanismos de regulación
naturais. A integración de todas estas técnicas teñen como misión reduci-los danos a niveis economicamente tolerables e potencia-las defensas naturais. O fin está en reducir ó máximo o número de aplicacións e utilizar productos fitosanitarios máis respetuosos co medio ambiente e a fauna auxiliar. Especies de roedores O medio no que vivimos reúne características vantaxosas para a colonización e reproducción de roedores, debido ás condicións de hábitat que ofrece a estes vectores. Ademais dos nutrientes que se lles fornecen en numerosas zonas, cómpre subliña-la súa facilidade de acceso e mobilidade por tódolos espacios: rede de sumidoiros, rexistros de iluminación, zonas de residuos públicos, etc. En case tódalas ocasións nas que as ratas producen molestias no contorno é porque existe un acceso dende a rede de sumidoiros ata a zona onde producen o problema. As
especies de roedores que podemos atopar no noso contorno son: Rattus rattus, coñecida como rata negra ou rata doméstica. Atópase principalmente en edificios, paredes, armarios, almacéns, etc., en lugares secos onde constrúen os covos. É grande gabeadora, moi activa e áxil: adoita vivir longo tempo no lugar elixido sen facer grandes desprazamentos para alimentarse e procurando non pasar ó descuberto, aínda que isto a obrigue a alonga-los percorridos. Mus musculus, é o rato doméstico. Pode habitar en distintos medios, aínda que prefire vivendas, edificacións, almacéns, etc. É bo gabeador e saltador e ve perfectamente de noite. A súa voracidade faille esmigallar máis alimentos dos que come. Para a súa alimentación prefire o gran de cereal. Posúe un bo sentido olfactivo e uns potentes incisivos que lle permiten roe-los materiais máis insospeitados; gústalle o papel e a tea, así que poden ocasionar danos importantes.
A importancia desta temática na saúde pública vén determinada polas súas consecuencias sanitarias e económicas. Entre as enfermidades que se poden transmitir directa ou indirectamente a través dos roedores cabe subliñar, segundo o mecanismo de transmisión:
Os roedores, debido á necesidade de manteren afiados os seus dentes incisivos -que medran a razón de 10 centímetros por ano-, esmiúzan moito máis do que necesitan para nutrírense. Causan danos a unha ampla gama de alimentos almacenados, tanto polo que inxiren, como polo que esmigallan. As especies que viven en edificios ou nos arredores danan as estructuras nas que fan covos e ó roeren nelas, o que afecta ós cimentos. A grande apetencia por roer cables é causa de danos directos e indirectos, como poden se-los incendios. Sistemas de aplicación Catro son os puntos básicos para obter uns bos resultados na reducción da poboación múrida:
Se
o control de roedores require bos coñecementos sobre a súa
bioloxía e comportamento, tamén na elección do rodenticida
é fundamental. Cebos sólidos, en forma de cereal enteiro,
partido ou granulado, xeles, bloques parafinados ou de extrusión.
Cando non é posible trata-los roedores cun rodenticida común
-en zonas moi delicadas-, as trapelas mecánicas ou adhesivas son
a solución idónea. A desinsectación enténdense como un conxunto de técnicas e métodos dirixidos a previr e controla-la presencia de certas especies de artrópodos -insectos, arácnidos, miriápodos e crustáceos-, nocivos nun hábitat determinado. Cascudas:
o seu ciclo de vida pasa por tres estadios: ovo, ninfa e adulto; poden
tardar en completarse de 2 a 3 meses en condicións favorables.
Os insectos adultos aparéanse de 7-10 días despois de completa-lo
seu crecemento. A femia pon os ovos en cápsulas que leva debaixo
do corpo; estas cápsulas conteñen un termo medio de 40 ovos.
En condicións normais poden vivir de 9 a 10 meses, pero o tempo
redúcese a 2 ou 4 semanas se carecen de alimento e auga. Piollo:
o seu ciclo vital consta de tres estadios: ovo, ninfa e adulto, que se
completan en 18 meses en condicións favorables. Os ovos son de
cor esbrancuxada e teñen forma oval alongada. As femias poñen
un termo medio de 8-10 ovos diarios ata un total de 50-100 no caso do
piollo da cabeza e 200-300 no caso do piollo do corpo. Chinche: o seu ciclo de vida pasa por tres estadios: ovo ninfa e adulto, e pode completarse en 7-10 semanas en condicións favorables. Os ovos son ovalados e de cor branco perla. Pode permanecer indefinidamente no estadio de ovo ou de ninfa se non dispón de comida. O insecto adulto vive desde varios meses a 1 ano; a femia pode poñer de 75 a 500 ovos a un ritmo de 2-3 diarios. Vive en gretas e fendeduras de paredes e pisos, mobles, armazóns de camas, colchóns, marcos de cadros, empapelado, libros, papeis, caixas, etc. Dana en xeral todo o fabricado con madeira ó deposita-los seus ovos e excrementos. Evita a luz; é activa durante a noite. Mosca
doméstica: o seu ciclo de vida ten catro estadios: ovo, larva,
crisálida e adulto; tarda en completarse unhas tres semanas en
condicións favorables. Os ovos son brancos e ovalados. A larva
é cilíndrica, pero coniforme nun dos extremos e de cor branca.
A crisálida é un estadio de repouso. Os insectos adultos
aparéanse 2-20 días despois de emerxeren e poden vivir aproximadamente
un mes; as femias poñen en total arredor de cincocentos ovos. Mosquito:
o seu ciclo de vida ten catro estadios: ovo, larva, crisálida e
adulto, que poden completarse, segundo a especie, en 8-15 días.
O principal hábitat para a reproducción dos mosquitos é
a auga pero pode variar, segundo a especie, entre auga limpa ou contaminada. Pulgas: as especies máis importantes son a pulga do home, a pulga do gato e a pulga do can. As pulgas críanse cerca dos seus hospedes, no po, no lixo, en fendeduras do piso, alfombras, etc. Requiren para o seu desenvolvemento moita humidade; o clima seco élles pouco favorable. Formigas: coñécense máis de seis mil especies de formigas con hábitos distintos. A maioría ten aspectos beneficiosos porque se alimentan de insectos. Outras poden clasificarse como pragas porque se alimentan de sementes e plantas e infestan vivendas e outros recintos. As formigas buscan alimento en casas, almacéns, xardíns, etc. O alimento varía de acordo á especie e inclúe productos doces, alimentos graxos, carne, partes das plantas como raíces, follas e froitos. Arañas: case tódalas arañas son benéficas ou inofensivas, soamente algunhas poucas son perigosas. Dentro das especies perigosas para o home inclúense a viúva negra e araña do café. Existen outras especies que pican o home, pero aínda que as súas picadas son dolorosas, non son velenosas. Transmisión de enfermidades
Sistema de traballo Prevención
Sistemas tradicionais Os nosos procedementos de xestión oriéntanse a combinar diferentes actuacións de forma conxunta e coordinada, con recomendacións en tarefas de limpeza, hixiene e saneamento, antes de nos dirixir a controlar un inzo, minimizando os efectos adversos segundo as seguintes premisas:
Pincelada: permite tratar zonas moi localizadas por onde pasa habitualmente o insecto reptante, en lugares comprometidos onde hai alimentos ou obxectos susceptibles de seren contaminados, como cociñas, bares. O producto é un insecticida que se aplica con brocha, recubrindo así as superficies de tránsito ou refuxio dos insectos. Esparexemento:
utilízase adoito en zonas onde non é recomendable dispersar
productos líquidos (cables eléctricos, salas de máquinas,
etc.), debido a que a humidade é prexudicial ou porque o acceso
é difícil. Pulverización: é unha das técnicas máis utilizadas. Os productos preséntanse en forma de líquidos, normalmente de base oleosa e acuosa, líquidos emulsionables, pos mollables ou solubles. Utilízanse equipos de presión constante, manuais ou automáticos, que teñen a vantaxe de que a aplicación é dirixida de xeito que é posible regula-lo grosor da gota. As partículas impelidas estarán flotando no ambiente durante un tempo prolongado e deposítanse paulatinamente na superficie tratada. Nebulización: ten a vantaxe de garantir unha maior persistencia do producto, pero hai que ter coidado con cáles se seleccionan xa que os de base oleosa poden deixar unha película de graxa sobre os obxectos da zona tratada. Non é unha aplicación dirixida, pero ten a vantaxe de penetrar por zonas ás que non se chegaría coa pulverización. Utilízase para grandes superficies e é un método rápido e económico. Termonebulización: a característica fundamental é o grosor da gota. Fórmase unha néboa densa que penetra por tódolos orificios da zona tratada. A súa desvantaxe é a pouca resistencia, pero resulta útil para o control de pragas voadoras e rastreiras. Empréganse aparellos mecánicos e eléctricos, e resulta un bo método de apoio xunto da pulverización e a nebulización. Xel: atraente insecticida desenvolvido cun amplo espectro de acción sobre os distintos tipos de cascudas. Aplícase en áreas sensibles ó paso das cascudas, en zonas de pouca intensidade de luz, con baixa humidade e que están ocultas á vista -esquinas, fendeduras, buratos, físgoas, sumidoiros, neveiras, cociñas, cafeteiras, etc.-. Ten máxima eficacia en lugares onde a praga está localizada. Unido á boa acción de choque e a excelente residualidade, permite unha rápida recuperación do local tratado debido á ausencia de prazo de seguridade. Sistemas alternativos Métodos físicos Trapelas: podemos diferenciar tres tipos de trapelas: Cola: moi simples, de cartón ou outro material. Mediante unha feromona ou cebo, os insectos son atraídos ata o interior, onde está a cola adhesiva na que quedan pegados. Úsanse especialmente como técnica de avaliación das infestacións, en inspeccións e en actuacións de control de cascudas. De feromonas: pola súa inocuidade, teñen grande interese para combate-los insectos e en especial as pragas dos alimentos almacenados. Son atraídos ó interior do dispositivo e alí eliminados por métodos físicos ou químicos. De luz ultravioleta: empréganse para eliminar insectos voadores que son atraídos cara ó aparello pola luz ultravioleta e destruídos ó contactaren coas resistencias eléctricas. Aspiradores: non hai dúbida de que o uso diario dun aspirador é o medio máis importante para ter certas pragas baixo control; isto é aplicable tanto a vivendas como a industrias. Moitos insectos son eliminados mediante este sistema. Moi indicado para pragas de ácaros do po, pulgas, etc. Calor: os artrópodos son sensibles ás temperaturas elevadas e en media hora poden ser destruídos a 60-70 ºC, ben sexan os ovos, as larvas ou os adultos. Deste modo, a roupa sometida a altas temperaturas é desparasitada. Tamén resulta un método útil para as superficies e obxectos de madeira. Frío: a temperaturas inferiores a 10 ºC, a maior parte dos insectos interrompen todo movemento, desenvolvemento e deixan de pór ovos. Con todo, requírese temperaturas incluso máis baixas para o seu control, e existe unha diferencia considerable na tolerancia das diferentes especies. Ondas sonoras, microondas: moi empregadas como técnica disuasoria fronte a determinados insectos; se ben provocan o afastamento das instalacións, non facilitan o seu control. Métodos
de loita biolóxica
Un dos misterios do mundo do control de pragas é que, mentres que hai miles de aves nas nosas cidades e aínda que son coñecidas portadoras de enfermidades e causante de danos, son consideradas "simpáticas". O control de aves vese polo tanto dificultado pola opinión pública a cal, non pon, sen embargo, obxeccións ó control de ratas e ratos. As aves son un perigo para a saúde pública por diversas razóns. O espectro de organismos causantes de enfermidades asociados con esta especie é moi parecido ó que se encontra coas ratas, por exemplo os microorganismos causantes de salmoneloses, toxoplasmoses e pneumonía. Son tamén portadoras de arañeiras e carrachas que migran dende os áticos e outros lugares onde están os niños e que tamén causan alerxias e enfermidades. As súas feces conteñen sustancias agresivas que disolven a pedra e outros materiais de construcción a través dos anos. Danan a estética dos edificios e estes requiren reparacións custosas. As excrecións deixan depósitos resbaladizos sobre os pavimentos os cales son sucios e poden ser perigosos, especialmente para os anciáns. Gústanlles as nosas cidades porque hai abundante alimento e os edificios tanto novos coma vellos teñen moitos sitios onde poden pousarse e aniñar. A solución permanente o problema e denegarlles o acceso os edificios ou polo menos facelos menos atractivos para elas. Isto pódese lograr mediante o uso de redes antipaxaros ou mediante outros sistemas como os de arame e o de púas. REDE ANTIPAXAROS O emprego da barreira de redes é un dos métodos máis efectivos e duradeiros para previr que a praga dos paxaros urbanos se pousen sobre os edificios. Están deseñadas para durar polo menos 10 anos si se instalan correctamente. SISTEMA DE ARAME Este sistema consiste nun arame de aceiro inoxidable tensado por resortes e con soportes de postes de aceiro inoxidable. É o sistema máis usado para previr que se pousen os paxaros nas cornixas e repisas dos edificios. SISTEMA
PARA PREVIR Consiste en tiras de policarbonato con púas de aceiro inoxidable fixadas á base. Hai unha configuración posible para cada tipo de cornixa. Pódense fixar a construcción con parafusos ou con cola de silicona se non é axeitado perforar.
Frecuentemente no fogar, no xardín ou na natureza prodúcense picaduras ou mordeduras de animais que poden inocular distintos tipos de veleno. Algúns de eles son tóxicos para o home en xeral, pero outros só revisten perigo para aquelas persoas que sexan alérxicas a un determinado veleno animal. Na Península Ibérica as serpes que poder dar lugar a accidentes pertencen a dúas familias: Viperidae e Culebridae. Posuímos un número moi elevado de serpes velenosas: dun total de trece especies, cinco son velenosas; de estas cinco, tres pertencen a familia Viperidae e dúas a Culebridae. As especies velenosas de Viperidae son: -
Vipera latastei ou víbora cornuda
Destas tres especies en Galicia só habita a víbora europea. -
Uns 65-75 cm. de lonxitude -
Vive no noroeste da Península: Galicia, Asturias, Santander e País
Vasco. Estas especies habitan en zonas relativamente secas, con follaxe, rochosas e non demasiado soleadas. Ante a presencia do home normalmente recorren á fuxida, e só lle fan fronte si son atacadas por el, sí se senten acurraladas e sen saída. As especies de Culebridaes son: -
Macroprotondon cucullatus ou cóbrega de cogulla A cóbrega bastarda, residente en Galicia, e mais agresiva, e antes de atacar produce fortes asubíos intimidatorios, pero cando morden, a inoculación do veleno vese dificultado pola posición dos seus "dentequeiros". As marcas do adento son puntiformes e distanciadas entre 10 e 18 mm..
A inoculación do veleno Prodúcese pola dentada que se orixina o intentar coller estes réptiles, pero tamén se pode dar de maneira imprevista, accidental. Só é probable que se produza nos meses de verán, xa que hibernan. Probablemente menos do 50% das dentadas se asocian coa inxección de veleno. A gravidade da dentada está en relación coa potencia do veleno, a cantidade do mesmo e o peso, patoloxía previa e zona da inoculación da persoa afectada. Sendo loxicamente mais grave en nenos e aínda mais en lactantes, pode ser perigosa en anciáns e persoas inmunodeprimidas.
Non todas as dentadas de víbora son velenosas. Aproximadamente
os vipéridos só logran inxectar veleno en un de cada dous
ataques. O medo e a aprehensión, en moitos pacientes, son responsables de manifestacións clínicas difíciles de distinguir das causadas polo propio veleno (nerviosismo, axitación, tremeres, parestesias por hiperventilación, taquicardia, sequidade bucal, sudoración, diarrea, dores variados, ...). Estas manifestacións poden presentarse aínda que a serpe non sexa velenosa. Síntomas
locais A pegada da dentada normalmente son dúas picadas separadas
entre 6 e 10 mm. Dor inmediato e de intensidade variable no lugar da dentada.
Entre 15 e 30 minutos aparece a zona denegrida e o cabo dunha hora aparece
unha gran inflamación, que en ocasións se estende ata a
raíz do membro afectado. Secundariamente pode darse necroses, case
sempre superficial, na zona trabada. A regresión da inflamación
é lenta e pode durar varias semanas. Polo xeral este tipo de mordeduras son frecuentes e graves nalgunhas zonas xeográficas, pero afortunadamente a mortalidade é escasa estando situada por debaixo do 1%. Primeiros auxilios O tratamento a instaurar inclúe as seguintes medidas: -
Repouso da víctima, tranquiza-lo informándolle que as serpes
existentes en Galicia non son moi perigosas, e inmobilizar a parte afectada
nunha postura cómoda. É aconsellable mata-la serpe (evitando
ser trabado) para pode-la transportar xunto co accidentado, coa finalidade
de determinar o tipo de ofidio de que se trate, así como a súa
perigosidade. Na medida do posible non esmague a cabeza do mesmo, pois
aí residen gran parte das características morfolóxicas
que a identifican. Si non foi posible identifica-lo animal, hai dous criterios clínicos útiles para saber si a mordedura era velenosa ou non: -
As dentadas das cóbregas poden non deixar sinais ou deixa-las marcas
de pequenos dentes dispostos mais ou menos en semicircunferencia, pero
as mordeduras das víboras deixan as marcas dos dous dentequeiros.
Segundo a distancia entre estes é posible calcular o tamaño
do animal e con iso supor aproximadamente a magnitude do empezoñamento.
Unha distancia inferior a 8 mm. indica que se trata dunha serpe de tamaño
pequeno, entre 8 e 12 mm. indica tamaño medio e superior a 12 mm.
indica tamaño grande. No centro sanitario aplicaranse as seguintes medidas: -
Aplicación de antisépticos con antibióticos de amplo
espectro. Prevención 1.
As excursións por lugares rochosos onde se teña evidencia
da existencia deste tipo de réptiles realizarase protexendo as
partes inferiores das pernas mediante zapatos ou botas de material groso,
así como polaina de lona grosa para a zona tibial, dado que a maioría
das picaduras prodúcense nas extremidades inferiores. |
|||