900 809 241
EMPRESAS

Alimentaria

                          Ver video

Todo o sector, desde a industria produtora de materias primas, as produtoras gandeiras, a industria conserveira, as distribuidoras, os mercados de abastos, as áreas comerciais, a restauración, as cafeterías, as panaderías, ... é dicir, toda actividade vinculada ós alimentos, deben ter implantado un sistema de autocontrol APPCC, incluídos os alimentos dos animais para o consumo, para garantír a máxima calidade e salubridade dos alimentos comercializados. Isto significa a súa implantación en todos os elos da Cadea Alimenticia para asegurar a inocuidade e seguridade dos alimentos.

Por tanto, a implantación nas empresas alimentarias do Sistema de Autocontrol baseado na aplicación da metodoloxía A.P.P.C.C. é obrigatoria segundo o Regulamanto Europeo 852/2004 Art. 5

No sistema APPCC sempre debe haber un Plan para o control de pragas, como un dos plans que debe integrar o sistema. Entre os probables focos de contaminación dun alimento están os hóspedes non desexados que poden ser  transportadores de enfermidades e contaminar ós alimentos para o consumo. Todo isto regúlase por unha norma flexible que intenta poder adaptarse a todas as dimensións dos heteroxéneos negocios de alimentaria.(RD 3484/2000)

A implantación do sistema de autocontrol evitará que un produto contaminado chegue ó consumidor.  

ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com