900 809 241
[ 11/05/2018 ] O vapor seco elimina as chinches da cama
Procederase a tratar todas as superficies cun fluxo de vapor seco que consegue eliminar o 100% dos ovos e unha porcentaxe extremadamente significativa dos insectos adultos nunha soa pasada.


Procederase a tratar todas as superficies cun fluxo de vapor seco que consegue eliminar o 100% dos ovos e unha porcentaxe extremadamente significativa dos insectos adultos nunha soa pasada.

Un servizo de desinsectación de chinches comeza por nunha inspección pormenorizada de todas as estancias potencialmente afectadas.

Nestas estancias retirarase a roupa da cama, propomos lavala a máis de 50º C, aquelas pezas de roupa que non puideran lavarse a esta temperatura (cubrepés, colchas, alfombras..) tratarémolas na Cámara de CO2 nun prazo aproximado duns sete días entregarase a roupa desinsectada.

Nas estancias afectadas por chinches procederase a tratar todas as superficies cun fluxo de vapor sobrequentado que consegue eliminar o 100% dos ovos e unha porcentaxe extremadamente significativa dos insectos adultos nunha soa pasada.

Sen uso de sustancias químicas


Este sistema non emprega insecticida, non ten período de ausencia, segundo remata o servizo xa se pode entrar na estancia que queda limpa e sen olores.

Recomendaremos para a prevención, evitar a contaminación cruzada, evitar os intercambios de elementos de limpeza dunhas habitacións a outras, é dicir, os panos da limpeza das habitacións, as basoiras… son posibles portadoras das chinches dunhas habitacións a outras.

Ós sete días entregarase a roupa tratada na cámara de CO2, a desinsectación do textil na cámara non mancha nin deixa olores.

É un tratamento moi eficaz e ecolóxico para a eliminación das chinches.

Servizo con garantía.

A procesionaria do piñeiro
A solución ecolóxica para as chinches
Stop Velutina Campaña da AGA
Nestas datas é o momento de actuar!!

Na actualidade hai un innovador dispositivo de aplicación para os piñeiros, que inxectado no tronco destes no inverno evitará os problemas coa procesionaria do piñeiro. Antes da chegada da primavera e do incremento das temperaturas, que será cando as eirugas procesionarias do piñeiro descendan en fila para enterrarse e comezar o proceso de crisalización.

Tras aniñar durante o inverno no alto das copas dos piñeiros, coa primavera coa chegada do incremento das temperaturas, a eiruga procesionaria do piñeiro, -Thaumetopoea pityocampa -que debe o seu nome á forma que teñen estas eirugas de desprazarse en procesión-, descende en fila para enterrarse e comezar o proceso de crisalización que as converterá en bolboretas durante o verán.

ANECPLA no seu artigo de prensa publicado na Revista Infoplagas insiste en que os métodos de control para combater esta praga –destrución dos bolsóns, trampas de feromonas, instalación de barreiras físicas ou emprego de produtos químicos- deben efectuarse valorando factores como o ciclo biolóxico no que se encontre a praga, as condicións ambientais, o nivel de infestación ou aminimización do posible impacto sobre o medio, os animais e o ser humano; razón pola que deben ser empresas expertas, como ARUMIA, as que sexan as encargadas de establecer as medidas de adecuadas.

Thermicide é unha solución rápida, eficaz e innovadora, que evita ademais o uso de biocidas.

O sistema consiste nunha pistola que proxecta dióxido de carbono máis aire quente, en proporción, velocidade e temperatura adecuados para a eliminación de insectos por choque térmico. A presenza de dióxido de carbono arredor do insecto provoca nel un aumento do metabolismo respiratorio que o deixa sen defensa fronte ao calor.

Está deseñado para poder ser utilizado individualmente. Trátase dun equipo lixeiro e manexable, fácil de transportar, que minimiza o uso de produtos e reduce substancialmente os tempos de actuación.

Thermocide é un sistema patentado e certificado por empresas especialistas independentes na avaliación da efectividade de insecticidas.

AGA pon en marcha un programa denominado STOP Velutina que comprende varias actividades na primavera que consisten básicamente en charlas informativas nos concellos galegos máis afectados e na colocación de trampas para capturar raíñas fundadoras nas zonas onde está presente esta avespa e así evitar o maior número posible de niños para este verán.

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) apostou por colocar trampas para evitar que as avespas asiáticas constrúan niños co obxectivo de evitar a «grande» prag
a e o «medo» do pasado verano.

E é que, tal e como relatou en declaracións a Europa Press o presidente da AGA, (Asociación Galega da Apicultores) Xesús Asorey, o verano anterior houbo unha «grande alarma», sobre todo en A Mariña lucense e no norte de A Coruña. A esta «grande» praga de avespas asiáticas sumouse, segundo subliñou Asorey a «deficiente actuación» da Xunta, pois, a xuízo de Asorey, eran necesarios «máis medios».

Para que non se volva a repetir dita situación, Asorey ten apostado por colocar trampas para «evitar» que se constrúan niños de avespas asiáticas e, en consecuencia, o «medo» do pasado verano. Así mesmo, Asorey apoia que sexan os propios concellos os que se encarguen de retirar estes niños ante a escasez de medios. De feito, subliña que a súa retirada por parte de apicultores podería ser perigosa para estes últimos.


   

Ver máis na páxina www.apicultura.galega.es

ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
T. 981 217 063
arumia@arumia.com