900 809 241
PARTICULARES

Protexe o teu fogar!

 

Arumia ofrece un servizo de mantemento específico para fogares (vivendas, comunidades). Chega a época estival e comezan a xurdir potenciais problemas con mosquitos, moscas, formigas... molestando os usuarios do teu fogar.

 

¡Chama! contrata un servizo que garante o control e eliminación de insectos e roedores do teu fogar, das áreas verdes aplicando un control integrado con produtos biorracionais ou/e biocidas.


Ver video

 

Os produtos biorracionais son os que:

 

- Empregan organismos vivos que afectan ós patóxenos, cun control absoluto sobre ó impacto ambiental. O produto con bacillus thuringiensis para o control de mosquitos, por exemplo, aliméntase das larvas dos mosquitos, dá magníficos resultados nos exteriores, nas áreas verdes incluso en zonas pantanosas, brañas, encoros, nos xardíns e no teu fogar.

- Empregar os reguladores do crecemento para o control e eliminación dos insectos que precisan da quitina para completar o seu ciclo vital, como as térmites de subsolo, moi discretas ante os moradores, pero poden producir danos graves nas estruturas de madeira. Aplicar a través do alimento, o cebo que é celulosa mesturada con inhibidores da quitina, durante tres anos levará ó colapso a propia colonia ou colonias. Con produtos biorracionais non se empregan insecticidas e resides como sempre no teu fogar.

- Empregar produtos con feromonas, aromas ou mensaxes químicos,  modifican o comportamento dos insectos e serve para o seu control poboacional, non afecta a outros animais. 

- Repelentes biolóxicos. Determinadas plantas son repelentes naturais de insectos, das que se extraen en moitos casos os propios produtos para elaborar insecticidas, que axudarán a ter un mellor benestar no teu fogar.

 

ARUMIA, S.L. B-15656580

Camiño de Agrela ó Martinete
Nave 3,  Agrela
15008 A Coruña

T. 981 217 063
arumia@arumia.com