Control das Térmites

O persoal técnico de Arumia realiza inspeccións e elabora estudios sobre a localización e avaliación de danos causados por térmites en edificios e en cascos urbanos históricos e aplica os tratamentos preventivos e curativos. 

Equipos de Inspección: Detector de CO2, Endoscopio, Medidor de humidade, Audiotermes ... 

 

Para o tratamento propomos ós clientes o sistema Exterra™, alternativa biolóxica máis eficaz contra as térmites fronte ás técnicas tradicionais de inxección de grandes cantidades de químicos. O tratamento está baseado na instalación de cebos alimenticios só para as térmites, formados por un soporte celuloso cunha extraordinaria apetencia para elas. Estes soportes están impregnados dun inhibidor da síntese da quitina con efecto retardador que evita que fagan as mudas necesarias para chegar á fase adulta provocando co tempo o colapso da colonia ou colonias.      

Operador oficial de Exterra.

Outros Sistema de Malla Termimesh: Sistema de barreira física formada por unha malla de aceiro inoxidable para instalar nas novas construcións e nas rehabilitacións.

Sistema de barreira contra a subida de auga por capilaridade e control de térmites.

Descárgate os documentos!


ARUMIA, S.L. B-15656580

Camiño de Agrela ó Martinete
Nave 3,  Agrela
15008 A Coruña

T. 981 217 063
arumia@arumia.com