Control de Aves

Para evitar que as aves (gaivotas, pombas, estorniños,...) habiten dun xeito masificado ou aniñen en cornixas, peitorís, balcóns, patios de luces, chemineas, cubertas, interior de naves, en áreas portuarias... a solución son as barreiras físicas, os repelentes visuais e sonoros e a captura.

Repelentes visuais Ver video papaventos Falcon voando.


O sistema consiste no uso de diferentes modelos de espantallos para os paxaros. Hai moitos modelos.

Moucho con cabeza xiratoria con placa solar, papavento de falcón peregrino, globo disuasor, espantallo efectos reflectante...

Barreiras físicas:

Sistema de púas de policarbonato: BBG 2000

Consiste en tiras con púas de policarbonato fixadas con cola de silicona. Fácil, seguro e rápido de instalar.

Rede antipaxaros

O emprego da barreira de redes é un dos métodos máis efectivos e duradeiros para previr que a praga dos paxaros urbanos se pousen sobre os edificios. Están deseñadas para durar polo menos 10 anos si se instalan correctamente.

Sistema de arame

Este sistema consiste nun arame de aceiro inoxidable tensado por resortes e con soportes de postes de aceiro inoxidable. É o sistema máis usado para previr que se pousen os paxaros nas cornixas e repisas dos edificios.

Outros sistemas para o control de aves:

Xel repelente

Outro importante método para evitar que se pousen os paxaros é o xel repelente, aplícase cun dosificador nas áreas onde soen pousarse as aves, evitando trala aplicación do xel que se pousen polo incómodo que lles resulta.

Sistema de Son- Repelente sonoro-

O sistema consiste no uso de certos sons, ou combinación de sons, que actúan como repulsivo natural e conducirán ás aves a ausentarse. Este equipo emiten unha gravación de sons reais de socorro ou de sons de aves depredadoras das que queremos espantar, creando un ambiente hostil. Este sistema de sons é moi diverso depende do tipo de aves que queremos repeler, do lugar afectado se é un interior ou nun exterior.

Helikite

Deseñado expresamente para o control de aves, un Vigilante Helikite é unha combinación única de cometa, o globo de helio, cunha cuberta de globo de nilón protectora.

A captura con gaiolas

ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com