Desinsectación de mobles, libros e textil en cámara



A Tecnoloxía de Atmosfera Controlada é un tratamento de control de pragas altamente especializado para protexer artigos como mobles, cadros ou elementos de textil, tamén aqueles de elevado valor histórico e/ou artístico, que podan correr o risco de infestacións de calquera tipo de insecto.

O tratamento é realizado dentro dun ambiente selado, ben nunha cámara que está instalada na nave, ben en bolsas especiais que confeccionamos para conter os obxectos concretos a tratar. Por medio desta tecnoloxía de Atmosfera Controlada, que propicia a eliminación por anoxia, conseguimos erradicar con efectividade os insectos,  en calquera das fases de desenvolvemento que se encontren (incluídos ovos e larvas).

Completamente diferente de todos os outros tipos de tratamento de pragas, o sistema de Atmosfera Controlada é un tratamento completamente seguro e limpo, que deixa os obxectos desinfestados, inmaculados e sen residuos de calquera natureza.

Vantaxes:
  • libre de pesticidas
  • tratamento absolutamente natural e eficaz para protexer os obxetos de valor
  • elimina todas as fases de desenvolvemento dos insectos (engadidos insectos de difícil tratamento)
  • sistema móbil, podemos tratar nas súas instalacións ou tamén podemos tratalos na nosa nave.
  • os obxetos desinsectados poden utilizarse inmediatamente despois do tratamento.

 Tratamento para pezas de:

  • Particulares
  • Museos
  • Galerías de Arte
  • Casas de Arte
  • Coleccións de Arte
  • Anticuarios
  • Arquivos
  • Bibliotecas
  • Tapicerías
  • Textil
  • Peles
ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com