Hixienización e climatización

Calidade do aire de interior

A preocupación pola calidade ambiental no interior de edificios é cada vez máis grande; isto responde a dúas razóns fundamentais: ó deseño de edificios pechados e ó moito tempo que pasan as persoas en ambientes interiores.

As queixas máis frecuentes do persoal, en edificios con contaminación microbiana en ar de interior, refírense ós cheirumes con sensación de ambiente cargado, olor a humidade, irritación de garganta e nariz, proído de ollos, dor de cabeza, bagoxadas, alerxias, etc.

Tratamento de Limpeza dos Sistemas de Climatización e Ventilación (SV/C) de Edificios,Fábricas, Restaurantes...  

                                                                 

Hixenización do sistema de ventilación/climatización                                                                                        

A inspeccióntécnica para elaborar un proxecto de valoración inicial, vídeo inspección.

Procedemos á limpeza de sólidos e á desinfección para romper a cadea de transmisión de microorganismos patóxenos, entre os que destaca o aspergilus, na que se poden converter as instalacións de climatización/ventilación

Verificamos o tratamento realizado por medio de toma de mostras, que poderemos comparar coas recollidas previas á hixienización dos conductos, certificando o tratamento ante o dono da instalación.

Para este procedemento seguirase o disposto na Norma UNE EN 100 012, recollida no actual RITE.

ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com