Plan de Desratización e Desinsectación

A desratización sempre vai dentro de portacebos de seguridade, para a industria alimentaria, para as vivendas de particulares,  para as empresas privadas, para edificios ou locais públicos... ( a única excepción dáse na desratización da rede de sumidoiros que vai atado no interior das arquetas).

    

Unha vez elixido o tipo de rodenticida e a posición dos portacebos, rexistrámolos no Plano de localización de cebos, asignándolles unha relación numérica e a localización plásmase nun croquis, plano da  instalación, quedan identificados para as revisións periódicas.

O obxectivo é reducir a poboación múrida, minimizar o uso de biocidas e evitar o perigo de contaminación cruzada.


A desinsectación é o conxunto de técnicas e métodos para previr e controlar a presencia de insectos.

Os procedementos de xestión de Arumia oriéntanse a combinar diferentes actuacións de forma conxunta e coordinada, con recomendacións en tarefas de limpeza, hixiene e saneamento.

Coñecer o tipo de inzo, o seu ciclo biolóxico e hábitos de vida é básico para determina o método a aplicar. Estudiar a súa distribución espacial, cuantificar a infestación e avaliar a incidencia.

As accións preventivas serán o procedemento a implementar, os métodos de control físicos (mosquiteiros, atrapa-insectos..) e/ou biolóxicos (feromonas). Estas son sustancias químicas naturais secretadas pola propia especie do insecto co fin de provocar un comportamento determinado noutro individuo da mesma especie. As vantaxes das feromonas son que  actúan especificamente na especie a controlar, e non afectan nin tan sequera a outros insectos, e non deixan residuo contaminante algún.

Os biocidas de nova xeración, teñen baixísima toxicidade para animais superiores, son a opción a aplicar se a praga é importante, conséguese reducir dun xeito drástico o problema en pouco tempo, e unha vez controlado, volvemos ás accións preventivas.


ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com