Prevención da legionelose

 

Arumia desde o seu Departamento de Sanidade Ambiental, formado por profesionais con experiencia e formación en diversas ramas, pon á súa disposición os medios técnicos e humanos para obter os mellores resultados na prevención e control da legionelose en todo tipo de sistemas e instalacións, segundo R.D. 865/03:

-Sistemas de Auga Fría de Consumo Humano e Auga Quente Sanitaria.
-Torres de Refrixeración e Condensadores Evaporativos.
-Arrefriadores Evaporativos e Humectadores.
-Piscinas e Bañeiras de Hidromasaxe de uso colectivo.
-Sistemas de Agua contra Incendios.
-Fontes Ornamentais.
-Sistemas de Rego.
-Tuneis e pontes de lavado.
-Todo tipo de sistemas que utilicen agua e xeren aerosois no seu proceso.
 

Tras unha visita á instalación, deseñamos un plan de mantemento adaptado ás súas especificacións técnicas, realizamos os tratamentos de limpeza e desinfección, tratamento en continuo, elaboramos os rexistros do plan de autocontrol e as análises pertinentes.

O persoal de Arumia asesora, elabora, actualiza o Libro de Control e Prevención que recolle todos os documentos do plan de actuación (os Protocolos, os Certificados de Limpeza e Desinfección, os Informes dos tratamentos, os resultados das analíticas, a documentación dos produtos empregados, os rexistros...).

ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com