Sistema APPCC


Ofrecemos un servizo integral de asesoramento, formación e implantación do sistema de Análise de Perigo e Puntos de Control Críticos para o seu negocio.

A implantación nas empresas alimentarias do Sistema de Autocontrol é obrigatoria para todos os elos da Cadea Alimenticia (R.D. 640/2006 e o 1338/2011) e xa estaba recomendado no Codex Alimentarius.

O sistema consiste na aplicación da seguinte metodoloxía:

Identificar os posibles riscos e determinar a posible ocorrencia dos mesmos, conxuntamente cunha evolución da súa gravidade.

Determinar os puntos –procedementos -fases de operación que poidan controlarse para eliminar os riscos ou para reducir ó mínimo a súa posible aparición. Punto crítico de control (PCC).

Instaurar medidas preventivas ou de control eficaces e especificar criterios indicativos de si unha operación critica (PCC) se atopa baixo control. Vixilancia de cada punto critico para asegurar que todo está baixo control. Posta en práctica de actividades correctoras adecuadas e inmediatas, sempre que os resultados da vixilancia poñan en manifesto que non se cumpren os criterios.

Un sistema de APPCC engade sempre un Plan desratización e desinsectación.

O C O D E X  A L I M E N T A R I U S


Contribúe, a través das súas normas, directrices e códigos de prácticas alimentarias internacionais, á inocuidade, a calidade e a equidade no comercio internacional de alimentos. Os consumidores poden confiar en que os productos alimentarios que compran son inocuos e de calidade e os importadores en que os alimentos encargados axústanse ás súas especificacións.

ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com