900 809 241
VECTORES / BICHOS

 Identifica a praga que está producindo problemas no seu fogar ou negocio.

Insectos

Cascudas/cucas

Blattodea

 

-Descrición: son insectos de corpo aplanado, dous pares de ás. Hai unhas 10.000 especies, pero as que afectan o noso entorno son a cascuda americana, a cascuda xermánica e a cascuda oriental.

 

 

- Hábitat natural: Viven nunha ampla diversidade de ambientes, en áreas urbanas están na rede de sumidoiros e no interior dos edificios nas zonas cálidas do mesmo.

 

-  Alimentación: Prefiren os alimentos ricos en amidón, manteigas e azucres, pero son omnívoras.

 

- Ciclo vital: As cascudas femias levan unha bolsa cos ovos no seu abdome, a denominada ooteca cunha casca extremadamente robusta, dependendo da especie pode levar entre 30-40 ovos. Tras a eclosión dos ovos xorden as ninfas e fanse adultas reprodutoras nuns 3 ou 4 meses.

 

ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com