900 809 241
VECTORES / BICHOS

 Identifica a praga que está producindo problemas no seu fogar ou negocio.

Insectos

Chincha / Chinche (Chinche da cama)

Cimex lectularius

 

Descrición: Son aplastadas, de forma oval, e sen ás. As ninfas son traslúcidas, de cor claro e van adquirindo unha cor escura segundo realizan as sucesivas mudas ata alcanzar a madurez.

Atraídas pola calor e o dióxido de carbono que exhalamos pola respiración a chinche perfora a pel da súa vítima cos dous tubos ocos do seu aparato bucal. Cun deles extrae o sangue do seu hóspede e co outro inxecta a súa saliva que contén anticoagulantes e anestésicos. Despois de alimentarse durante uns cinco minutos, a chinche regresa o seu agocho da cama, sofá... no entorno máis inmediato da vítima. A picadura non se pode sentir ata uns minutos ou incluso horas despois de terse realizado.

 

Hábitat natural: En construcións humanas.

 

Alimentación: Sangue dos humanos e doutros animais de sangre quente. As chinches normalmente intentan alimentarse cada cinco ou dez días.

 

Ciclo vital: Metamorfose incompleta, ovos, ninfas que pasan varias mudas para chegar a adultas. O ritmo de reprodución non cesa en inverno. Todo o ano. Unha femia pode poñer uns cinco ovos ó día.

ARUMIA, S.L. B-15656580

Camiño de Agrela ó Martinete
Nave 3,  Agrela
15008 A Coruña

T. 981 217 063
arumia@arumia.com