900 809 241
VECTORES / BICHOS

 Identifica a praga que está producindo problemas no seu fogar ou negocio.

Insectos

Mosquito

Culicidae-Culícidos

 

Descrición: Insecto voador díptero, cun só par de ás transparentes, de corpo pequeno e patas longas.

 

Hábitat natural: Practicamente en todos os ecosistemas. Nas fases de ovo, larva e pupa desenvólvense na auga.

 

Alimentación: As femias son parasitos externos hematófagos (aliméntanse do sangue), teñen as pezas bucais adaptadas para perforar a pel dos mamíferos e nalgúns casos doutros animais. Tras perforar ó individuo e succionarlle o sangue os mosquitos femia inxectan un veleno que é o que causa o inchazo ou vulto da picadura.


Os machos aliméntanse de néctar, savia e zume de froitas.

 

As femias adultas poñen os ovos en auga estancada (nun pantano, nun lago, nun charco, nun estanque, nun recipiente de auga artificial…).

 

Ciclo vital: Metamorfose completa, as catro fases morfolóxicas (ovo, larva, pupa e adulto). As tres primeiras fases son acuáticas, dependendo da especie e a temperatura ambiente, pasan de 5 a 15 días para completar un ciclo.


Descargate Os Mosquitos. Especies en Galicia. Carlota Rey. Bióloga

ARUMIA, S.L. B-15656580

Camiño de Agrela ó Martinete
Nave 3,  Agrela
15008 A Coruña

T. 981 217 063
arumia@arumia.com