900 809 241
VECTORES / BICHOS

 Identifica a praga que está producindo problemas no seu fogar ou negocio.

Insectos

Procesionaria do piñeiro

Thaumetopoea pityocampa

 

-Descrición: A eiruga  é verdosa coa cabeza negra, e vaise volvendo gris, ten o corpo cuberto de pelos urticantes e chega a ter un tamaño duns 40 mm. Os adultos aparecen no verán, reprodúcense e fan a posta nas aciculas das árbores formando un cilindro de ovos ó redor da folla que a femia protexe deixándolle escamas do seu propio corpo. Os adultos teñen unha vida moi curta (2-3 días) son bolboretas con alas anteriores gris cinza e a venación máis escura e as ás posteriores son brancas co borde gris e unha mancha escura. Os ovos realizan a eclosión ó mes e as eirugas comezan a alimentarse dos brotes.

 

-Hábitat natural: Bosques de toda a península.

 

-Alimentación: Os brotes das árbores.

 

-Ciclo Vital: Metamorfose completa (ovos, eiruga, crisálida, bolboreta).


http://es.wikipedia.org/wiki/Thaumetopoea_pityocampa

ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
T. 981 217 063
arumia@arumia.com