|
AMBITOS
DE APLICACIÓN
-
Establecementos de venta de productos alimentarios-
- Envasadoras de alimentación -
- Almacén de alimentos -
- Distribuidoras de alimentos -
- Hostelería -
- Supermercados e grandes áreas comerciais -
- Hoteis -
Especies
de roedores
O
medio no que vivimos reúne características vantaxosas para
a colonización e reproducción de roedores, debido ás
condicións de hábitat que ofrece a estes vectores. Ademais
dos nutrientes que se lles fornecen en numerosas zonas, cómpre
subliña-la súa facilidade de acceso e mobilidade por tódolos
espacios: rede de sumidoiros, rexistros de iluminación, zonas de
residuos públicos, etc.
En
case tódalas ocasións nas que as ratas producen molestias
no contorno é porque existe un acceso dende a rede de sumidoiros
ata a zona onde producen o problema.
As
especies de roedores que podemos atopar no noso contorno son:
Rattus norvergicus, tamén coñecida como rata común,
parda ou gris. O seu medio preferido é toda a zona de conducción
de saídas de augas e rede de sumidoiros, debido á súa
predilección pola humidade. Así mesmo, podémola atopar
en espacios exteriores, con fácil acceso a contedores de lixo e
zonas insalubres. É pouco áxil e mala gabeadora, polo que
ó raro se instala en edificios. Adoitan vivir en covos que constrúen
preferentemente en lugares húmidos ou próximos á
auga.
Rattus rattus, coñecida como rata negra ou rata doméstica.
Atópase principalmente en edificios, paredes, armarios, almacéns,
etc., en lugares secos onde constrúen os covos. É grande
gabeadora, moi activa e áxil: adoita vivir longo tempo no lugar
elixido sen facer grandes desprazamentos para alimentarse e procurando
non pasar ó descuberto, aínda que isto a obrigue a alonga-los
percorridos.
Mus musculus, é o rato doméstico. Pode habitar en
distintos medios, aínda que prefire vivendas, edificacións,
almacéns, etc. É bo gabeador e saltador e ve perfectamente
de noite. A súa voracidade faille esmigallar máis alimentos
dos que come. Para a súa alimentación prefire o gran de
cereal. Posúe un bo sentido olfactivo e uns potentes incisivos
que lle permiten roe-los materiais máis insospeitados; gústalle
o papel e a tea, así que poden ocasionar danos importantes.
Enfermidades e danos
A
importancia desta temática na saúde pública vén
determinada polas súas consecuencias sanitarias e económicas.
Entre as enfermidades que se poden transmitir directa ou indirectamente
a través dos roedores cabe subliñar, segundo o mecanismo
de transmisión:
1.
Por inoculación directa, mordedura: rabia, tularemia, soloku.
2.
Por contaminación dos alimentos, augas ou pos, polas súas
feces e mexo: salmonelose, botulismo, leptospirose, amebiase, micosevarias,
coccidiose, helmintíase intestinal, bilharziose, melidiose, coriomeninxite
linfocitaria e febres hemorráxicas.
3.
Como caldo de cultivo de enfermidades que pasan ó home a través
de ácaros ou artrópodos hematófagos: leishmaniose,
tripanosomiase, peste bubónica, rickettsiose, bartonelose, febre
recorrente e febre de lassa.
4.
Infectando animais domésticos que, pola súa vez, poden
infecta-lo home: brucelose, triquinose, febre aftosa, estomatite vesicular,
peste porcina e mal vermello.
Os roedores, debido á necesidade de manteren afiados os seus dentes
incisivos -que medran a razón de 10 centímetros por ano-,
esmiúzan moito máis do que necesitan para nutrírense.
Causan danos a unha ampla gama de alimentos almacenados, tanto polo que
inxiren, como polo que esmigallan. As especies que viven en edificios
ou nos arredores danan as estructuras nas que fan covos e ó roeren
nelas, o que afecta ós cimentos. A grande apetencia por roer cables
é causa de danos directos e indirectos, como poden se-los incendios.
Sistemas
de aplicación
Catro
son os puntos básicos para obter uns bos resultados na reducción
da poboación múrida:
- Inspección
para identifica-las especies involucradas e os factores ambientais
- Propostas
de hixiene e limpeza para impedi-lo seu acceso ós alimentos e
mais ó refuxio
- Prevención
pasiva da infestación con eliminación de puntos de entrada
- Reducción
da poboación múrida mediante a aplicación de rodenticidas,
trapelas e outras medidas
Se
o control de roedores require bos coñecementos sobre a súa
bioloxía e comportamento, tamén na elección do rodenticida
é fundamental. Cebos sólidos, en forma de cereal enteiro,
partido ou granulado, xeles, bloques parafinados ou de extrusión.
Cando non é posible trata-los roedores cun rodenticida común
-en zonas moi delicadas-, as trapelas mecánicas ou adhesivas son
a solución idónea.
DESINSECTACIÓN
AMBITOS
DE APLICACIÓN
-
Establecementos de venta de productos alimentarios-
- Envasadoras de alimentación -
- Almacén de alimentos -
- Distribuidoras de alimentos -
- Hostelería -
- Supermercados e grandes áreas comerciais -
- Hoteis -
A
desinsectación enténdense como un conxunto de técnicas
e métodos dirixidos a previr e controla-la presencia de certas
especies de artrópodos -insectos, arácnidos, miriápodos
e crustáceos-, nocivos nun hábitat determinado.
Cascudas:
o seu ciclo de vida pasa por tres estadios: ovo, ninfa e adulto; poden
tardar en completarse de 2 a 3 meses en condicións favorables.
Os insectos adultos aparéanse de 7-10 días despois de completa-lo
seu crecemento. A femia pon os ovos en cápsulas que leva debaixo
do corpo; estas cápsulas conteñen un termo medio de 40 ovos.
En condicións normais poden vivir de 9 a 10 meses, pero o tempo
redúcese a 2 ou 4 semanas se carecen de alimento e auga.
Viven en gretas ou fendeduras, debaixo de mobles, nas cociñas,
vertedoiros, desaugadoiros, sumidoiros e latrinas. Son activa durante
a noite. Atráenas a calor e a humidade. Aliméntanse de calquera
cousa: comestibles, papel, coiro, pelo, teas, goma, sangue seco, excrecións,
esputos e doutras cascudas.
Mosca
doméstica: o seu ciclo de vida ten catro estadios: ovo, larva,
crisálida e adulto; tarda en completarse unhas tres semanas en
condicións favorables. Os ovos son brancos e ovalados. A larva
é cilíndrica, pero coniforme nun dos extremos e de cor branca.
A crisálida é un estadio de repouso. Os insectos adultos
aparéanse 2-20 días despois de emerxeren e poden vivir aproximadamente
un mes; as femias poñen en total arredor de cincocentos ovos.
Reprodúcese en esterco, excrementos de seres humanos, lixo, augas
residuais, residuos vexetais e outras materias orgánicas en descomposición.
Durante o día atópase preto da fonte de alimento e dos lugares
de reproducción mentres que durante a noite descansa nos ceos rasos,
na parte superior das paredes, en cables, cordeis, bordos e superficies
ásperas. Come alimentos humanos, lixo, excrementos e material animal
e vexetal en descomposición. Os sitios onde se alimenta están
a 100-500 metros dos lugares de reproducción.
Formigas:
coñécense máis de seis mil especies de formigas con
hábitos distintos. A maioría ten aspectos beneficiosos porque
se alimentan de insectos. Outras poden clasificarse como pragas porque
se alimentan de sementes e plantas e infestan vivendas e outros recintos.
As formigas buscan alimento en casas, almacéns, xardíns,
etc. O alimento varía de acordo á especie e inclúe
productos doces, alimentos graxos, carne, partes das plantas como raíces,
follas e froitos.
Arañas:
case tódalas arañas son benéficas ou inofensivas,
soamente algunhas poucas son perigosas. Dentro das especies perigosas
para o home inclúense a viúva negra e araña do café.
Existen outras especies que pican o home, pero aínda que as súas
picadas son dolorosas, non son velenosas.
Gurgullo
dos cereais: os gurgullos dos cereais son resistentes a climas fríos
e poden hibernar. Os adultos varían en tamaño, a diferencia
da maioría dos insectos. O tamaño depende en gran medida
do gran: canto máis grande sexa este, produciranse adultos máis
grandes. Aliméntanse en grans enteiros de avea, trigo, centeo e
cebada.
Avelaíña dourada dos cereais: é a segunda
praga en importancia dos grans almacenados. Atópase facilmente
en almacéns e tendas. Na maioría dos casos ataca só
o xerme do millo, avea outros grans ou sementes.
Caruncho
dentado dos grans: atópase en alimentos con cereais, fariñas,
froitos secos, pasta, comidas secas, chocolate e outros de natureza similar.
É tan pequeno que pode rapidamente penetrar por pequenas fendeduras
e fisuras para meterse dentro dos paquetes dos comestibles. Cando non
é molestado desenvólvese rapidamente unha gran poboación.
Transmisión
de enfermidades
-
Deixan sobre alimentos e pratos excrementos que poden contamina-la comida
- Deterioran
productos almacenados
- Transmisores
de enfermidades
- Producen
cheiro nauseabundo
- Pican
e succionan sangue
- A
picada causa irritación e comechón
- Perturban
o sono
Sistema
de traballo
Prevención
- Evita-la
presencia de gretas ou humidades nos edificios, para limita-lo acceso
a estes recintos.
- Eliminar
correctamente o lixo, tanto nas instalacións e edificios como
no ambiente.
- Limpeza
e hixiene ambiental para evitar que se creen condicións favorables
á expansión dos insectos.
- Limpeza
e hixiene persoal como medidas profilácticas xerais e específicas
para determinadas especies vectoriais, por exemplo, pulgas ou piollos.
- Protección
específica dos alimentos, con obxecto de evita-la súa
deterioración e que sirvan de base para a expansión de
poboacións.
- Instalación
de sistemas de illamento e protección para impedi-lo paso de
insectos: colocación de mallas e enreixados. En canto ás
normas básicas de edificación, deben evitarse as reixas,
fendeduras, etc. onde poden aloxarse e reproducirse os insectos.
Sistemas
tradicionais
Os
nosos procedementos de xestión oriéntanse a combinar diferentes
actuacións de forma conxunta e coordinada, con recomendacións
en tarefas de limpeza, hixiene e saneamento, antes de nos dirixir a controlar
un inzo, minimizando os efectos adversos segundo as seguintes premisas:
- Coñece-lo
tipo de inzo, o seu ciclo biolóxico e hábitos de vida.
- Estudia-la
súa distribución espacial, cuantifica-la infestación
e avalia-la incidencia.
- Uso
de métodos de control biolóxico.
- Selección
de praguicidas, primando o uso de feromonas polas súas vantaxes
(actúan especificamente e non afectan os insectos predadores,
teñen baixísima toxicidade para animais superiores e non
deixan residuo contaminante).
- Selecciona-lo
sistema de aplicación máis idóneo:
Pulverización:
é unha das técnicas máis utilizadas. Os productos
preséntanse en forma de líquidos, normalmente de base oleosa
e acuosa, líquidos emulsionables, pos mollables ou solubles. Utilízanse
equipos de presión constante, manuais ou automáticos, que
teñen a vantaxe de que a aplicación é dirixida de
xeito que é posible regula-lo grosor da gota. As partículas
impelidas estarán flotando no ambiente durante un tempo prolongado
e deposítanse paulatinamente na superficie tratada.
Nebulización:
ten a vantaxe de garantir unha maior persistencia do producto, pero hai
que ter coidado con cáles se seleccionan xa que os de base oleosa
poden deixar unha película de graxa sobre os obxectos da zona tratada.
Non é unha aplicación dirixida, pero ten a vantaxe de penetrar
por zonas ás que non se chegaría coa pulverización.
Utilízase para grandes superficies e é un método
rápido e económico.
Termonebulización:
a característica fundamental é o grosor da gota. Fórmase
unha néboa densa que penetra por tódolos orificios da zona
tratada. A súa desvantaxe é a pouca resistencia, pero resulta
útil para o control de pragas voadoras e rastreiras. Empréganse
aparellos mecánicos e eléctricos, e resulta un bo método
de apoio xunto da pulverización e a nebulización.
Xel:
atraente insecticida desenvolvido cun amplo espectro de acción
sobre os distintos tipos de cascudas. Aplícase en áreas
sensibles ó paso das cascudas, en zonas de pouca intensidade de
luz, con baixa humidade e que están ocultas á vista -esquinas,
fendeduras, buratos, físgoas, sumidoiros, neveiras, cociñas,
cafeteiras, etc.-. Ten máxima eficacia en lugares onde a praga
está localizada. Unido á boa acción de choque e a
excelente residualidade, permite unha rápida recuperación
do local tratado debido á ausencia de prazo de seguridade.
Sistemas
alternativos
Métodos
físicos
Trapelas:
podemos diferenciar tres tipos de trapelas:
Cola:
moi simples, de cartón ou outro material. Mediante unha feromona
ou cebo, os insectos son atraídos ata o interior, onde está
a cola adhesiva na que quedan pegados. Úsanse especialmente como
técnica de avaliación das infestacións, en inspeccións
e en actuacións de control de cascudas.
De
feromonas: pola súa inocuidade, teñen grande interese para
combate-los insectos e en especial as pragas dos alimentos almacenados.
Son atraídos ó interior do dispositivo e alí eliminados
por métodos físicos ou químicos.
De
luz ultravioleta: empréganse para eliminar insectos voadores que
son atraídos cara ó aparello pola luz ultravioleta e destruídos
ó contactaren coas resistencias eléctricas.
Aspiradores:
non hai dúbida de que o uso diario dun aspirador é o medio
máis importante para ter certas pragas baixo control; isto é
aplicable tanto a vivendas como a industrias. Moitos insectos son eliminados
mediante este sistema. Moi indicado para pragas de ácaros do po,
pulgas, etc.
Calor:
os artrópodos son sensibles ás temperaturas elevadas e en
media hora poden ser destruídos a 60-70 ºC, ben sexan os ovos,
as larvas ou os adultos. Deste modo, a roupa sometida a altas temperaturas
é desparasitada. Tamén resulta un método útil
para as superficies e obxectos de madeira.
Frío:
a temperaturas inferiores a 10 ºC, a maior parte dos insectos interrompen
todo movemento, desenvolvemento e deixan de pór ovos. Con todo,
requírese temperaturas incluso máis baixas para o seu control,
e existe unha diferencia considerable na tolerancia das diferentes especies.
Ondas
sonoras, microondas: moi empregadas como técnica disuasoria fronte
a determinados insectos; se ben provocan o afastamento das instalacións,
non facilitan o seu control.
Métodos
de loita biolóxica
A posta en liberdade de depredadores, parasitos ou microorganismos patóxenos
que limitan o número de pragas e o uso de substancias naturais
como as hormonas, son métodos eficaces para controlar pragas de
artrópodos en xeral. As pragas urbanas teñen inimigos naturais
que poden empregarse para combatelas en determinadas circunstancias.
Estes métodos baséanse no uso de especies depredadoras da
praga diana, sen que iso supoña alteración ningunha para
o ambiente.
Outro método consiste en introducir gran número de machos
estériles. Desta maneira, as femias non poden aparearse, polo que
se limita fortemente a capacidade de expansión da poboación
e o seu crecemento.
Por último, hai que sinala-los métodos máis empregados:
inhibidores de crecemento e feromonas. Os inhibidores da formación
da quitina actúan en etapas de muda dalgunhas especies de insectos,
impedindo a formación da cutícula e, polo tanto, da cuberta
externa, co que as larvas morren sen chegar á fase adulta. As feromonas
desencadean diferentes respostas fisiolóxicas e de conducta entre
as poboacións de insectos, e son utilizadas como engado ata as
trapelas con praguicida ou outro elemento destructivo. Existen distintos
tipos: de atracción sexual, de agregación, de dispersión,
trazadoras, de alarma, disuasorias, etc.
AMBITOS
DE APLICACIÓN
-
Establecementos de venta de productos alimentarios-
- Envasadoras de alimentación -
- Almacén de alimentos -
- Distribuidoras de alimentos -
- Hostelería -
- Supermercados e grandes áreas comerciais -
- Hoteis -
A
maioría dos alimentos, pola súa propia natureza (contido
en hidratos de carbono, proteínas, humidade, etc.) constitúe
un excelente medio de cultivo para os microorganismos a temperatura ambiente.
A taxa de reproducción microbiana é tan elevada que una
soa bacteria pode dar orixe, en só 13 horas, e en condicións
favorables, a 280.000.000.000. por outra parte, cando o deterioro físico
é evidente (mal olor, cambio de cor, hinchamento das latas, enmohecimento),
as características nutritivas e sanitarias dos alimentos fan que
xan non sexan aptos para o consumo.
Os
tratamentos ós que se ven sometidos os alimentos dende a súa
fase inicial, pasando polos estadios industriais, ata o seu consumo, alteran
as súas características físico-químicas, así
como as da súa flora microbiana, facéndoos susceptibles
a alteracións que non sofren no seu estado natural. En consecuencia,
é imprescindible que durante todo o ciclo productivo as posibilidades
de contaminación sexan reducidas ó mínimo.
A carga microbiana dun alimento, tanto no seu aspecto cuantitativo como
cualitativo, constitúe un fiel reflexo do grao de contaminación
dos locais de traballo. Polo tanto, unha adecuada práctica hixiénica
do ambiente redundará nunha menor alteración e unha maior
facilidade de conservación.
Os
alimentos alterados, no mellor dos casos, non cumpren adecuadamente coa
súa función nutritiva, e no peor deles constitúen
un grave risco para o consumidor debido á gran capacidade intoxicativa
dalgúns; esta é xa unha razón de peso para toma-las
medidas hixiénicas oportunas. Por outra parte, o xénero
en mal estado representa unha seria carga económica do cal o seu
custo e imprevisible, e que pode consistir en devolucións e abonos,
en sancións administrativas ou guvernativas, etc., que afectan
en todo caso a imaxe de marca e o prestixio da Empresa.
Dado o carácter supranacional dos circuítos de distribución
de productos alimenticios, e os requisitos sanitarios cada vez máis
rigorosos, é de todo punto necesario o establecemento de normas
hixiénicas sistemáticas nos procesos industriais.
Zonas
de risco
Zonas
a tratar:
Instalacións directamente relacionadas co proceso productivo:
· Tratamento de bandexas, cestas, caixas, carros transportadores,
coitelos, útiles e partes desmontables de maquinaria en xeral.
· Tratamento de cámaras frigoríficas, almacéns,
etc.
· Tratamentos de camións de transporte
· Tratamento de paredes
· Tratamento de chans
· Tratamento de superficies de traballo
Instalacións
complementarias e outras zonas a tratar:
· Tratamento de mans
· Tratamento de contedores
TIPOS
DE DESINFECCIÓN
Desinfección
de superficies por contacto directo é a que se práctica
cando se aplica directamente o desinfectante sobre tales superficies,
de maneira que aquel, diluído ou non, molla as superficies tratadas.
Pódese aplicar directamente diluído en auga, ou mediante
pulverización.
Desinfección
de superficies por vía aérea consiste na proxección
dun desinfectante ó ambiente mediante un aparato, termonebulizador,
en forma de partículas de aerosol de tamaño próximo
a 1 micra (1/1000 mm) de forma que alcancen por difusión tódalas
superficies do local e non por sedimentación como ocorre con outros
sistemas aparentemente análogos baseados na simple atomización
ou pulverización de desinfectantes no aire. Este método
precisa un tempo de recuperación do local de 12 h. Como máximo.
A
desinfección estará sempre precedida dunha operación
previa de limpeza. Debe coñecerse o plan de limpeza para non crear
antagonismos entre deterxentes e desinfectantes.
Analíticas
de producto
Para comprobar ou verificar a eficacia dos procedementos hixiénicos
é necesario medir os niveis microbianos en ou sobre o alimento
unha vez finalizadas as operación de manipulación e preparación.
O contido microbiano do alimento é consecuencia parcial da contaminación
procedente das superficies que contactan co alimento.
Sistema de Análise de Perigo e Puntos de Control
Críticos (APPCC)
O
denominado Sistema de Análise de Perigo e Puntos de Control Críticos
(APPCC) é actualmente contemplado como unha das ferramentas preventivas
de de control e hixiene alimentaria máis eficiente.
O sistema consiste en:
Identifica-los
posibles riscos y determinar a posible ocorrencia dos mesmos, conxuntamente
cunha evolución da súa gravidade.
Determinar
os puntos-procedementos-fases de operación que poidan controlarse
para elimina-los riscos ou para reducir ó mínimo a súa
posible aparición. Punto crítico de control (PCC).
Instaurar
medidas preventivas ou de control eficaces e especificar criterios indicativos
de si unha operación critica (PCC) se atopa baixo control. Vixilancia
de cada punto critico para asegurar que todo está baixo control.
Posta
en práctica de actividades correctoras adecuadas e inmediatas,
sempre que os resultados da vixilancia poñan en manifesto que non
se satisfan os criterios de inocuidade e calidade establecidos para cada
punto critico, é dicir, cando se detecta que a operación
non se atopa baixo control.
|
|