



Que é a Seguridade Alimentaria?
Consiste no establecemento dunhas normas e da aplicación responsable destas polos distintos eslavóns da cadea alimentaria así como da súa verificación.
Elaboración e implántación estes sistemas de autocontrol APPCC:
Tras un estudio das instalacións e dos procesos dos alimentos. Analizanse os Perigos presentes en cada fase do proceso e identificamos os Puntos de Control Críticos. Establécense as medidas preventivas e correctoras así como os sistemas de vixilancia; e deséñanse os rexistros correspondentes. O Plan A.P.P.C.C. estará formada por:
-Plan de Limpeza e Desinfección.
-Plan de Saúde e Hixiene do persoal. Guía das Boas Prácticas de manipulación.
-Plan de Control de Pragas (Desratización- Desinsectación)
-Especificacións de subministros e certificacións a provedores.
-Plan de Mantemento de instalacións, equipos e útiles.
-Plan de Residuos.
-Plan de Potabilidade.
- A trazabilidade: é unha ferramenta de xestión implícita no sistema APPCC.
CÓDIGO ALIMENTARIO: http://www.codexalimentarius.net/web/index_es.jsp
Sistemas de vixilancia: seguimentos analíticos
AUGA: Análise Microbiológico e físico-químico.
SUPERFICIE: puntos crave para detectar se o Plan de limpeza e desinfección está a cumprirse.
MANIPULADORES DE ALIMENTOS: contrólase se os manipuladores están a pór en práctica a Guía de Boas Prácticas de Manipulación.
AMBIENTE: achéganos datos do grao de contaminación ambiental das zonas onde se manipulan alimentos ou ben entran en contacto con eles.
ALIMENTOS/COMIDAS PREPARADAS: Análise de produto final e de materia prima segundo lexislación.
