Cookie Control
Utilizamos cookies para mejorar nuestros servicios y experiencia de usuario. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.

Leer más
900 809 241
[ 06/04/2020 ] Desinfeccións profesionalizadas e certificadas fronte ao Coronavirus

Desinfección de superficies e por nebulización de todo tipo de espazos e equipos de traballo e de uso común, o que nos posibilita alcanzar os lugares máis recónditos e inaccesibles nos que pode estar o Coronavirus

Facemos:
Desinfección de superficies por contacto directo, que é a que se práctica cando se aplica directamente o desinfectante, diluído ou non, sobre tales superficies. 
Desinfección por vía aérea consiste na proxección dun desinfectante ao ambiente mediante un nebulizador, que xera partículas de aerosol de tamaño próximo a 1 micra, de forma que permite alcanzar por difusión todas e cada unha das áreas e esquinas do local ou espazo tratado
A nebulización posibilita que o traballo se realice de maneira rápida e que as instalacións podan recuperar a súa actividade en perfectas condicións transcorridos apenas 3 horas de acabarmos a desinfección, dependendo do produto utilizado. Podes encontrar máis información sobre os nosos servizos na nosa web
Ofrecemos certificado de desinfección polo traballo realizado, no que se inclúen o procedemento, produtos máis equipos especializados utilizados
Traballamos seguindo as orientacións da Asociación Nacional de Empresas de Control de Pragas e os procedementos que podes consultar máis abaixo están confeccionados en base a estas orientacións.







Incorporamos tecnoloxías novas para librar de bichos a madeira da túa casa
Ecotrampa para a procesionaria do piñeiro
A solución ecolóxica para as chinches
Microondas e ondas infravermellas. Estas son as tecnoloxías limpas, sen molestias e eficaces que conseguen eliminar os xilófagos da madeira en calquera das fases de desenvolvemento na que se encontren, e que incorporamos aos nosos traballos para darche un mellor servizo. Con elas podemos tratar de forma sinxela vigas, pisos, portas e xanelas, mobles, escaleiras, columnas, teitos e mesmo alfombras.

O primeiro sistema chámase Ecowood. Con el tratamos os obxectos por microondas que elevan de forma controlada a temperatura de dentro a fóra, até alcanzar os 90º, o que resulta letal para os insectos.

Se queres velo funcionar podes pinchar aquí e aquí

O segundo sistema é o Heat Wrap, a manta de calor, ou os paneis calefactores. Utiliza ondas infravermellas lonxanas a través duns paneis modulares e que podemos adaptar perfectamente á forma da superficie a tratar. Estas ondas penetran na superficie da madeira e acaban coa infestación por medio dun proceso de deshidratación.

Ambos os dous métodos conseguen os seus resultados sen ocasionarlles danos ao obxecto tratado.

Atenderemos con moito pracer calquera aclaración que necesites sobre estes ou outros procedementos que che podamos ofrecer.

Un sistema doado de colocar, discreto e cunha eficacia demostrada en Francia, Italia, Portugal e España contra a que veu converterse nunha das pragas máis prexudicial e destrutiva para os piñeiros peninsulares despois dos incendios forestais. .



Tras aniñar durante o inverno no alto das copas dos piñeiros, coa primavera e o incremento das temperaturas, a eiruga procesionaria do piñeiro, -Thaumetopoea pityocampa - que debe o seu nome á forma que teñen estas eirugas de desprazarse en procesión-, descende en fila para enterrarse e comezar o proceso de crisalización que as converterá en bolboretas durante o verán.

En Arumia traballamos cunha solución para este momento totalmente ecolóxica. Unha ecotrampa alternativa aos tratamentos químicos e que non produce ningún tipo de contaminación cruzada cara outras especies.

Como funciona? Intercepta a procesionaria na súa migración cara o chan. As eirugas fican atrapadas, para ser eliminadas con seguranza. Este video axudarache a velo mellor.

ANECPLA no artigo publicado no seu Blog insiste en que os métodos de control para combater esta praga –destrución dos bolsóns, trampas de feromonas, instalación de barreiras físicas ou emprego de produtos químicos- deben efectuarse valorando factores como o ciclo biolóxico no que se encontre a praga, as condicións ambientais, o nivel de infestación ou aminimización do posible impacto sobre o medio, os animais e o ser humano; razón pola que deben ser empresas expertas, como ARUMIA, as encargadas de establecer as medidas de adecuadas.

Thermicide é unha solución rápida, eficaz e innovadora, que evita ademais o uso de biocidas.

O sistema consiste nunha pistola que proxecta aire quente a unha velocidade e temperatura adecuados para a eliminación de insectos por choque térmico. 


Está deseñado para poder ser utilizado individualmente. Trátase dun equipo lixeiro e manexable, fácil de transportar, prescinde do uso de produtos biocidas e reduce substancialmente os tempos de actuación.

Thermicide é un sistema patentado e certificado por empresas especialistas independentes na avaliación da efectividade de insecticidas.

ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com