Cookie Control
Utilizamos cookies para mejorar nuestros servicios y experiencia de usuario. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.

Leer más
Desinfección de instalacións e equipos
A desinfección é un proceso que ten como fin a destrución dos xermes patóxenos por aplicación de desinfectantes, que cun tempo de contacto definido, debe reducir ó mínimo o número de microorganismos viables presentes. 

Polo xeral, é complementaria das operacións de limpeza, caso no que correspondería coñecer o plan aplicado para evitar antagonismos entre produtos. No contexto actual de urxencia de desinfeccións pola presenza do coronavirus, este elemento perde importancia.


Tipos de desinfección.

A Desinfección de superficies por contacto directo é a que se práctica cando se aplica directamente o desinfectante, diluído ou non, sobre tales superficies. Pódese aplicar directamente diluído en auga, ou mediante pulverización, sistema que hoxe en día xa nos permite operar con tamaños inferiores a 1 micra.

A Desinfección por vía aérea consiste na proxección dun desinfectante ao ambiente mediante un nebulizador, que xera partículas de aerosol de tamaño próximo a 1 micra, de forma que permite alcanzar por difusión todas e cada unha das áreas e esquinas do local ou espazo. É un sistema que non opera por sedimentación, como ocorre con outros aparentemente análogos baseados na simple atomización ou pulverización de desinfectantes no aire. 

A nebulización posibilita que o traballo se realice de maneira rápida e que as instalacións podan recuperar a súa actividade en perfectas condicións transcorridas apenas 3 horas de acabarmos a desinfección.




ARUMIA, S.L. B-15656580
Camiño Agrela ó Martinete 32
Agrela
15008 A Coruña
Tel.: 981 217 063
arumia@arumia.com